O Presidente da Xunta local do Partido Popular de Lugo considera que a moción de censura é hoxe máis necesaria que nunca ante a situación de desgoberno, división interna do PSOE e do propio bipartito.
Ramón Carballo afirma que “se trata dun instrumento democrático, é a resposta a un rueiro sen saída no que PSOE e BNG meteron a Lugo tras máis de 26 anos de malas decisións, proxectos fallidos e despilfarro de recursos públicos”.
Dende a Xunta Local do PP sinalan que o municipio afronta un ano crucial, con retos importantes que este goberno está demostrando non ser capaz de asumir pola súa debilidade e falta de rumbo. “Queda un ano para as eleccións, si. Precisamente por iso non se pode desperdiciar nin un mes máis”.
A situación actual, marcada pola inestabilidade e a perda de cohesión interna —coa saída dunha concelleira do propio goberno—, evidencia a falta de liderado e a incapacidade para gobernar.
Fronte a isto, PSOE e BNG intentan desviar a atención e sinalar a outros, pero a realidade é clara: a responsabilidade do momento que vive Lugo é exclusivamente súa, do PSOE e do BNG. Mentres tanto, a cidade segue paralizada, con recursos dilapidados en proxectos que non aportan solucións reais e cunha política baseada no sectarismo máis que nas necesidades dos lucenses
Mentres PSOE e BNG intentan desviar a atención e sinalar a outros, a realidade é clara: a responsabilidade do momento que vive a cidade é súa. E tamén queda en evidencia unha forma de actuar: todo é lexítimo cando gobernan eles, pero convértese en inmoral cando perden.
Cómpre tamén unha reflexión por parte dos militantes do PSOE e do BNG sobre como se chegou a esta situación. O propio responsable local do BNG, Antón Bao, recoñeceu publicamente a necesidade de cambios e que as cousas non estaban a funcionar, unha evidencia máis do desgaste e da falta de rumbo do actual goberno. No caso do PSOE, resulta difícil falar de leccións de moralidade ou principios cando acaban de suceder episodios recentes de presunto acoso sexual polo anterior presidente da Deputación, nos que traizoaron ata o seu signo de identidade, que supuxeron unha fonda decepción entre os seus propios militantes.
Perp non queremos entrar “non e ti máis” Fronte a este escenario, o Partido Popular quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e esperanza. Este é un momento ilusionante para traballar por Lugo, para superar o bloqueo e deixar atrás o sectarismo.
Ramón Carballo asegura que “Lugo precisa estabilidade, liderado e un goberno centrado nas persoas” subliñando que “o Partido Popular está preparado para asumir esa responsabilidade e coa vontade de gobernar para todos os lucenses”. Non buscamos confrontar, senon que Lugo teña un goberno responsable”