Elena Candia xustifica a moción de censura: “Un goberno á deriva non pode arrastrar a esa deriva a toda a veciñanza”

O PP de Lugo presenta o seu «Plan de Rescate»: 10 eixos estratéxicos e 45 compromisos para a cidade

Baixo o lema «Lugo merece un goberno que execute», o Partido Popular de Lugo debullou unha folla de ruta centrada na xestión eficiente, a seguridade e o benestar social. Dentro do paquete de medidas presentado pola formación popular, destacan actuacións estratéxicas para mellorar a mobilidade e as infraestruturas da cidade:

  • Mobilidade: Creación de 350 prazas de aparcamento, incluíndo un parking nas Fontiñas con capacidade para 70 vehículos, xunto á eliminación de treitos do carril bici que xeran conflitos.
  • Urbanismo: Puesta en marcha dun Plan de Rehabilitación para a zona norte de Lugo.
  • Servizos: Sinatura do convenio para o saneamento de Esperante, unha demanda histórica da zona.

A voceira do PP, Elena Candia, amosouse moi crítica coa xestión do actual executivo local, subliñando a necesidade dun liderado forte para a capital: «A debilidade dun goberno non pode implicar a debilidade dun Concello tan importante coma o de Lugo. Dito doutro xeito, un goberno á deriva non pode arrastrar a esa deriva a toda a veciñanza”.

Pola súa banda, o Presidente local do PP incidiu na capacidade de xestión do seu equipo fronte á parálise actual que sofre a administración municipal: «Lugo leva demasiado tempo agardando por un goberno que execute. Nós estamos en disposición de facelo”.

Un plan estruturado en dez piares

O documento estratéxico presentado polo PP non se limita á infraestrutura, senón que abarca áreas críticas como a saúde mental (cun centro pioneiro xestionado por ALUME), a conciliación (servizo de coidado de menores a domicilio ‘Alumiñar’), a seguridade cidadá (nova oficina da Policía Local na Milagrosa) e o impulso económico (oficina emprendedora na estación de autobuses).

Elena Candia presenta o seu «Plan de Rescate»: 10 eixos estratéxicos e 45 compromisos para a cidade

Baixo o lema «Lugo merece un goberno que execute», o Partido Popular de Lugo debullou unha folla de ruta centrada na xestión eficiente, a seguridade e o benestar social. O plan estrutúrase en dez piares fundamentais:

1. Compromiso social e saúde mental

  • Acción clave: Licitación dun centro pioneiro de saúde mental xestionado por ALUME.
  • Apoio a entidades: Mellora de instalacións para ADACE e ALUCEM, e creación dun centro de respiro para familiares de persoas con alzhéimer (AFALU).

2. Política centrada nas persoas

  • Conciliación: Creación de ‘Alumiñar’, un servizo de atención a menores no domicilio para familias monoparentais.
  • Maiores e migrantes: Ampliación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e creación dunha Oficina de Atención ao Migrante.

3. A seguridade cidadá como prioridade

  • Presenza policial: Nova oficina da Policía Local na zona norte (Praza da Milagrosa).
  • Eficacia: Creación dunha Mesa de Seguridade Permanente e reforzo de medios para Bombeiros e Policía Local, incluíndo patrulla nocturna.

4. Mobilidade e urbanismo realista

  • Estacionamento: Creación de 350 prazas (Fontiñas, O Ceao, Noriega Varela e Fuxan os Ventos).
  • Transporte: Recuperación de liñas de bus urbano e eliminación de «tapóns» urbanísticos.

5. Fin á conflitividade institucional

  • Colaboración: Sinatura inmediata do convenio para o saneamento en Esperante e cesión de terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón.
  • Lecer: Creación dunha praia fluvial na zona dos Robles.

6. Desbloqueo de proxectos estratéxicos

  • Benestar animal: Ampliación inminente da Protectora e novo parque canino nas Fontiñas.
  • Mantemento: Reforzo do coidado de zonas verdes e parques infantís.

7. Xestión eficiente do gasto e impostos

  • Urbanismo: Eliminación de treitos do carril bici en zonas como a Residencia ou O Carme e deseño de novos trazados.
  • Recursos: Acordo para o aproveitamento das augas termais nas Caldas do Miño.

8. Impulso económico e emprego

  • Emprendemento: Nova Oficina Económica na actual estación de autobuses.
  • Comercio: Activación da Mesa de Comercio Local, bonos de consumo e plans de emprego xuvenil coa USC.

9. Infraestruturas e deporte

  • Rehabilitación: Plan de dinamización para a zona norte e uso de instalacións escolares fóra do horario lectivo.
  • Mocidade: Novo espazo deportivo e cultural no antigo polideportivo da OJE.

10. Recursos humanos e atención á veciñanza

  • Modernización: Aprobación da carreira profesional, modificación da RPT e posta en marcha de Ofertas de Emprego Público para axilizar a atención.

Comparte éste artículo
No hay comentarios