O concelleiro popular Miguel Fernández sinala que “lamentablemente temos que seguir denunciando a falta de mantemento das infraestruturas municipais por parte do señor Cajoto, resultado das queixas que nos trasladan os veciños que ven o abandono ao que está sometendo o concello e en especial as parroquias de Foz”.
O Partido Popular de Foz volve a denunciar a falta de mantemento das infraestruturas municipais por parte do goberno local, unha situación que, segundo sinalan, “é resultado directo das continuas queixas que nos trasladan os veciños, que ven o abandono ao que está sometido o concello e, en especial, as parroquias”.
O concelleiro popular Miguel Fernández lamenta que esta situación se repita no tempo e critica a actitude do executivo municipal: “Lamentablemente temos que seguir denunciando a falta de mantemento das infraestruturas municipais por parte do señor Cajoto, resultado das queixas que nos trasladan os veciños que ven o abandono ao que está sometido o concello e en especial as parroquias de Foz”.
Fernández tamén responde ás criticas recibidas por parte do goberno local: “Sentimos que se moleste a concelleira, a señora Couto, pero se as vías estivesen ben non tería sentido que os veciños se queixasen, e parece que só actúan cando o denuncia o Partido Popular”.
Neste caso concreto, o PP de Foz alerta do estado da estrada que atravesa a N-642 e enlaza coa vía que conduce ao colexio Fondo Nois. Segundo explica o concelleiro, existen varios pozos de alcantarillado sen tapa ao borde da pista, o que supón un grave risco: “Pode producirse un accidente, ben por persoas que vaian andando polo borde ou mesmo por un vehículo que poida meter unha roda nel”.
A situación agrávase, segundo engade, pola falta de limpeza da zona: “Para maior gravidade, os ocos están cubertos de maleza por non ter rozada esa zona, o que fai que non estean visibles e o risco de que se produza un accidente é maior”.
“Pedimos que que arranxe e, sobre todo, que haxa máis control e vixilancia do concelleiro de obras, que é o señor Cajoto, e que se invirta en mantemento especialmente nas parroquias, que están totalmente esquecidas polo goberno socialista de Foz”.