Katy Varela: “Non se pode xogar coas ilusións dos veciños e veciñas de Monforte anunciando proxectos sen ter a seguridade total de que se van levar a cabo, porque está a comprometer a creación de postos de traballo que nunca chegan”.
Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte preguntaron no pleno de onte polos avances na implantación das empresas prometidas por José Tomé e das que nada máis se soubo “agás o titular da prensa do día no que as comprometeu”.
A voceira popular, Katy Varela, explicou que queremos coñecer o estado real da implantación da fábrica de inxectables de Indukern, “unha promesa electoral que o alcalde realizou xusto antes das eleccións de 2023 e da que, a día de hoxe, pouco ou nada se sabe”.
Unha promesa incumprida máis que se engade, por exemplo, ao anuncio dunha empresa madeireira que, segundo o rexedor, se instalaría no porto seco. “Neste caso, o alcalde afirmou con triunfalismo que por fin poñería en marcha o porto seco, pero vemos como unha vez máis todo quedou en fume”.
“Consideramos que non se pode xogar coas ilusións dos veciños e veciñas de Monforte anunciando proxectos sen ter a seguridade total de que se van levar a cabo, porque está a comprometer a creación de postos de traballo que nunca chegan”, denunciou.
Katy Varela denuncia que “fronte as nosas preguntas que o único que buscan é que a verdade saía a relucir” está a actitude de José Tomé que “unicamente sabe enfadarse e dedicarse a expoñer unha serie de descalificativos contra nós, unha situación que lonxe de preocuparnos o único que amosa é o nerviosismo do alcalde e a súa falta de responsabilidade cando realiza determinados anuncios”.
No pleno do mes de marzo o grupo popuplar preguntou pola empresa madereira, sen embargo o alcalde na súa contestación insinuou arbitriaridade da Xunta na declaración de proxecto estratéxico. “A declaración como plan estratéxico non depende dunha decisión política, senón do cumprimento estrito de requisitos regulados normativamente”, confirmou a voceira do grupo popular
Neste senso, Katy Varela destacou o apoio da Xunta á implantación de calquera iniciativa empresarial en Monforte, por exemplo no caso da empresa de inxectables si se deu esa declaración, e temos constancia de que a empresa madereira mantivo reunións na Consellería.
Para os concelleiros populares, o alcalde actúa de xeito imprudente “ao anunciar proxectos que aínda están en trámites de viabilidade só para gañar rédito político”.
“As empresas son libres de instalarse en Monforte e todos o desexamos, pero o que non se pode facer é vender fume. Monforte necesita empresas reais, non promesas electorais que nunca chegan”, concluíu.