O PP defenderá no pleno que PSOE e BNG realicen o arranxo inmediato da estrada LU-P-1811, en Chantada, “totalmente destrozada e intransitable”

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da Deputación arranxe de inmediato a estrada LU-P-1811, en Chantada, “totalmente estragada e insegura” e que tanto PSOE como BNG se negan a arranxar “desatendendo as reclamacións dos veciños”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recorda que hai poucas semanas que revisamos o estado desata estrada xunto ao alcalde de Chantada, Manuel Varela, e varios veciños, comprobando o “nefasto” estado de conservación desta vía.

A pesar da nosa reclamación e a dos veciños “nada fixeron” polo que “reiteraremos no pleno que PSOE e BNG realicen de inmediato o mantemento desta estrada provincial xa que circular por ela é unha tarefa case imposible” dadas as grandes fochancas que presenta.

Esta estrada ten moitos puntos nos que complicado circular ao non haber escapatorias ás fochancas. “O primeiro que hai que facer é arranxar o firme, así como o desbroce da vexetación, a poda das árbores, a renovación da sinalización vertical, o repintado da sinalización horizontal e a limpeza das cunetas para garantir que se canaliza correctamente a auga e que esta non discorre polo firme”, afirmou.

Comparte éste artículo
No hay comentarios