O BNG de Pol organiza unha charla sobre as novas oportunidades do sector forestal e o mercado do carbono

A deputada nacionalista Montse Valcárcel participará este venres ás 16.30 horas no Bar O Recuncho de Novo de Rioxoán.

O Bloque Nacionalista Galego de Pol organiza este venres, ás 16.30 horas, no Bar O Recuncho de Novo de Rioxoán, unha charla informativa baixo o título

 “Novas oportunidades no sector forestal: o mercado do carbono CO₂”, que contará coa participación da deputada do BNG, Montse Valcárcel.

A charla abordará cuestións prácticas como o significado dun crédito de carbono, os tipos de proxectos forestais que poden encaixar no sistema galego. Tamén se explicarán os límites

 e  cautelas que cómpre ter en conta, xa que se trata dun mercado en desenvolvemento que pode xerar oportunidades complementarias, pero que require rigor, boa xestión forestal e

 dimensión suficiente dos proxectos para resultar viable.

A charla quere ofrecer información útil e comprensible para todos os públicos, desde persoas sen coñecementos previos ata quen xa segue de preto a evolución do sector forestal e das

 políticas climáticas. O obxectivo é contribuír a un debate informado sobre como converter a boa xestión do monte nun recurso económico complementario, sempre desde unha visión

 realista, ligada á sustentabilidade, á prevención de incendios e á creación de valor engadido no propio territorio.

A formación nacionalista anima á veciñanza, ás comunidades de montes e ás persoas vinculadas ao sector forestal a participar nesta charla aberta, que servirá tamén para intercambiar

 impresións e resolver dúbidas sobre un tema chamado a ter unha crecente importancia nos vindeiros anos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios