O Concello de Dumbría organiza para o vindeiro xoves 11 de xuño unha xornada formativa centrada na preparación para a eclipse solar que terá lugar enagosto. Esta xornada dará inicio á conta atrás para a eclipse, que viviremos en tan só 2 meses.
A charla “ECLIPSE SOLAR. UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA?” será impartida polo divulgador científico Óscar Blanco. Coñecido no mundo do astroturismo como “cazador de eclipses” pois viviu 9 eclipses totais. Unha experiencia única para a maioría, pero repetida por só uns poucos dos apaixonados na materia con dispoñibilidade paraviaxar e ir en busca delas.
Óscar Blanco Varela (@artabrorum) é o Director do Centro Astronómico de Trevinca, Presidente da Agrupación Astronómica Coruñesa IO, Astrofotógrafo, Divulgador Astronómico, Monitor Starlight e colaborador habitual da emisora Onda Cero Coruña, entre outras cousas. De feito, conta con máis de 25 anos de experiencia.
O contido da charla fundamentarase na experiencia propia de Óscar vivindo outras eclipses, explicará a excepcionalidade da eclipse solar de agosto, a diferenza entre as eclipses totais e parciais e informará sobre cómo gozar desta experiencia única dunha maneira segura.
Trátase dunha xornada de formación gratuíta e de acceso libre ata completar aforo.
DATOS DA XORNADA:
Título: Eclipse Solar. Unha oportunidade única?
Poñente: Óscar Blanco Varela.
Entidade Organizadora: Concello de Dumbría.
Entidade Colaboradora: Asociación de Astroturismoda Costa da Morte.
Data: Xoves 11 de xuño.
Hora: Ás 19:30 horas.
Lugar: Edificio Bitácora, O Ézaro (Dumbría).