Un equipo do CITEEC da UDC participa nun proxecto dirixido a favorecer a recuperación do réxime hidrolóxico natural e a reducir a chegada de contaminantes na contorna de Doñana

No marco desta iniciativa, o Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medioambiente (GEAMA) da UDC elaborará un modelo hidrolóxicohidráulico para a xestión da marisma.

Universidade da Coruña (UDC), a través do Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medioambiente (GEAMA), adscrito ao CITEEC, vén de iniciar o proxectoRIVERSREST, unha iniciativa financiada polo programa Interreg Atlantic Area20212027 que terá unha duración de dous anos e medio. 

Este novo proxecto ten como obxectivo principal reducir a chegada de sedimentos e contaminantes ás masas de auga na contorna de Doñana e, en último termo, ao océano Atlántico, mediante actuacións en diferentes áreas piloto e o desenvolvemento de ferramentas avanzadas para a análise e a toma de decisións. 

O papel da UDC céntrase na elaboración dun modelo hidrolóxicohidráulico da contorna de Doñana, fundamental para a xestión da marisma e a planificación de actuacións nun espazo de elevada sensibilidade ambiental. 

No marco deste proxecto, as investigadoras da UDC Ania Fernández e Marina de Miguel realizaron xa traballos de campo en Andalucía para caracterizar as infraestruturas hidráulicas existentes e analizar o seu comportamento, baixo a supervisión do investigador principal, Esteban Sañudo.

O equipo declara que “Doñana é un enclave único polos seus valores ecolóxicos e paisaxísticosaínda que se atopa moi afectado pola intervención humana. A súa dinámica ambiental depende en gran medida dos hidroperíodos, polo que unha xestión axeitada da marisma será determinante para a súa evolución nos próximos anos. Desenvolver un modelo hidrolóxico e hidráulico que sirva de apoio á toma de decisións relativa á cantidade e calidade da auga na súa contorna supón un gran reto, sobre todo pola súagrande extensión, a complexidade dos seus aportes hídricos e a súa topografía eminentemente chaira. Este labor requireademais, a implicación e coordinación de todos os actores implicados na súa xestión ”.

Unha liña estratéxica consolidada de investigación no sur de España

O inicio de RIVERSREST dá continuidade a unha liña de investigación consolidada da UDC en Andalucía, centrada na xestión da auga, a prevención de riscos e a recuperación de ecosistemas. 

Entre os proxectos máis recentes destaca REFLORESTA, enfocado árecuperación de ecosistemas afectados por incendios e financiado polo programa Interreg EspañaPortugal (POCTEP) 20212027. Neste marco, o grupo GEAMA desenvolveu unha guía práctica para identificar as áreas máispropensas á erosión causada pola choiva, facilitando ferramentas útiles para a toma de decisións por parte das administracións públicas. 

Este traballo aplicouse á conca do encoro de Olivargas (Huelva), afectada polo incendio de Almonaster en 2020, e foi deseñado para a súa aplicación mediante ferramentas de código aberto como Iber ou QGIS, favorecendo a súautilidade e replicabilidade. 

A actividade investigadora da UDC na rexión complétase co proxectoAAFLOODS, tamén financiado polo programa Interreg Atlantic Area, que permitiu mellorar a prevención, alerta e xestión de emerxencias por inundacións en ámbitos locais, con programas piloto en municipios como Écija, Morón de la Frontera ou Osuna. 

Innovación tecnolóxica con selo UDC

Un elemento transversal en todos estes proxectos é o uso e desenvolvementodo software Iber, unha ferramenta gratuíta impulsada pola UDC en colaboración con outras institucións, que permite a simulación do fluxo de augas en ríos e estuarios en dúas dimensións.

Comparte éste artículo
No hay comentarios