Miguel Fernández participa na Ofrenda ao Santísimo Sacramento do Antigo Reino de Galicia

O Deputado por Lugo, Miguel Fernández Méndez, participou este domingo nos actos da Ofrenda ao Santísimo Sacramento do Antigo Reino de Galicia, que este ano realizou o Concello de Tui. O responsable da Deputación destacou o valor histórico e relixioso desta cita, na que os representantes públicos simbolizan, nunha cerimonia relixiosa, o voto solemne feito en 1669 para apoiar economicamente á Catedral, iluminando o seu Altar Maior, onde o Santísimo Sacramento está permanentemente exposto.

Miguel Fernández participou na comitiva que saíu cara a Catedral lucense desde a Casa Consistorial, onde tivo lugar a recepción dos representantes institucionais das antigas capitais: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Finalizada a misa, as autoridades participaron tamén na procesión pola cidade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios