A Feira das Cereixas de Paiosaco consolida a aposta polos grandes referentes da cultura galega

O Concello e a Comisión de Festas presentaron a programación da celebración gastronómica máis importante do municipio, que incluirá actividades durante toda a fin de semana e concluirá co concerto de Radio Cos.

O alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Festas, Patricia Bello, e os membros da Comisión de Festas de Paiosaco presentaron de xeito oficial o cartel coa programación da Feira das Cereixas, a cita gastronómica con maior arraigo histórico do termo municipal e recoñecida co distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. 

A programación arrincará o sábado coa sesión vermú ás 14:00 horas a cargo do Dúo Charada. A verbena da noite estará amenizada por formacións como o Grupo Bomba, Impacto e as sesións de DJ Drew Korme e DJ Javi.

Ademais, celebrarase a XI edición do Aberto das Cereixas de Billarda a partir das 17:00 h no aparcamento público situado fronte á gasolineira. A competición será organizada polo club Campo da Feira coa colaboración do Concello e a Liga Galega de Billarda.

O domingo será o dia grande da celebración. Durante toda a mañá, a feira tradicional estará dinamizada pola Charanga Malandros Escola de Samba e haberá múltiples sorpresas que encherán de música e cor o recinto ata a sesión vermú que comezará ás 14:30 horas. 

Tamén quedan prazas dispoñibles no obradoiro infantil de cociña dirixido a nenos de 5 a 12 anos de idade, que realizarán unha experiencia culinaria mediante a elaboración dunha receita a base de cereixas. A inscrición, requirida ao ser as prazas limitadas, é gratuíta e hai dúas quendas, de 10:30 a 11:45 horas e de 12:15 a 13:30 horas

Pola tarde chegarán a actuación de música e baile tradicionais da Asociación Cultural Queiroga ás 20:00 h, que dará paso ao concerto de Radio Cos ás 22:00 h. O que é un dos grupos musicais galegos de maior proxección e

Comparte éste artículo
No hay comentarios