O PP agarda que PSOE e BNG recapaciten para poder ampliar e poñer en valor o Museo do Mar de Cervo

Antonio Ameijide lamentou o rexeitamento sistemático do goberno provincial a ampliar este Museo, que conta con máis de 25.000 visitantes anuais, e así poñer en valor “todas as pezas históricas que permenecen almacenadas nun contenedor”.

Os deputados Grupo Provincial Popular instan a PSOE e  BNG a que “recapaciten” na súa postura de bloqueo continuo e estuden e impulsen a ampliación e posta en valor do Museo do Mar de Cervo

Así o expuxeron os deputados Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro, que mantiveron un encontro coa alcaldesa de Cervo, Dolores García, durante a que abordaron a postura adoptada polo goberno provincial e os próximos pasos a dar no caso de que PSOE e BNG “sigan nunha postura de pasividade absoluta”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, pide a Carmela López que “teñan altura de miras e un compromiso real”, deixando de lado as estratexias partidistas para sacar adiante un proxecto que dinamizaría cultural e turisticamente tanto o concello cervense coma toda a comarca da Mariña.

Antonio Ameijide destaca que este museo constitúe un piar e un referente absoluto e singular, ao ser o único de toda a provincia de Lugo centrado de forma exclusiva en preservar e divulgar o legado do noso patrimonio mariñeiro. “O incremento constante de pezas, maquetas e valiosos fondos documentais ao longo dos anos xustifica plenamente a necesidade de dotalo de maior espazo e duns recursos óptimos para a súa correcta catalogación, conservación e exhibición pública”, afirmou.

O voceiro popular recorda a “falta de sensibilidade” que PSOE e BNG demostraron nos últimos anos con este museo. “Agora, negándose a impulsalo despois do esforzo realizado polo Concello de Cervo pon de manifesto como non teñen intención algunha de poñer en valor toda a historia que permanecer gardada, privada do espazo axeitado que por xustiza e valía merece”, lamentou.

Dende o Grupo Provincial Popular reiteran o seu desexo de que o goberno provincial reconsidere a súa postura e colabore de maneira construtiva coas propostas de mellora e desenvolvemento para o Museo do Mar. 

Cómpre recordar que o Grupo Provincial Popular logrou aprobar, no pleno da semana pasada, a súa iniciativa para que a Deputación de Lugo responda ao Concello de Cervo sobre a súa proposta para a ampliación do Museo Provincial do Mar, situado en San Cibrao a pesar de que PSOE e BNG non apoiaron a proposta ao absterse na votación.

O Concello de Cervo trasladaou recentemente esta petición á Deputación de Lugo para responder a un compromiso existente. Incluso o Concello se ofreceu a ceder os terreos, unha vez que ten rematados os trámites administrativos e urbanísticos e telos incorporado ao patrimonio municipal para que, a contiación, sexa a Deputación de Lugo a que asuma a ampliación e xestión da mesma, do mesmo xeito que xestiona o actual dentro da Rede Museística Provincial.

Comparte éste artículo
No hay comentarios