Ante as condicións meteorolóxicas previstas para esta tarde, o Concello de Lugo vese obrigado a introducir modificacións na programación do San Froilán.
👉 Los Satélites trasladan a actuación DE HOXE ao MARTES 13 de outubro, ás 20:00 horas, na Praza Maior.
👉 Os pasarrúas previstos para esta tarde quedan cancelados e serán reprogramados noutras xornadas.
👉As actividades a cuberto mantéñense, entre elas o Escenario Zanfona, na Praza de Santa María, e o concerto «Parabéns para nós!», no Patio do Edificio Administrativo do Concello.
👉Mantéñense os concertos da PRAZA DA HORTA DO SEMINARIO. 9LOURO; The Rapants