As liñas de autobús 3 e 7 pararán desde mañá na rúa Juana de Vega recuperando a saída directa aos Cantóns

O cambio será efectivo desde as 7.00 horas e supón que ambos buses compartirán parada coa liña 21.

As liñas 3 (dirección Durmideiras) e 7 (dirección Avenida de Hércules) do servizo de autobús urbano recuperan a saída directa aos Cantóns desde mañá ás 7.00 horas . Así, ambas as liñas comezarán a circular por Juana de Vega, tras o paso por praza de Pontevedra para, desde alí, incorporarse directamente ao Cantón Pequeno. 

Con este cambio supríemes o tramo actual que vai desde a Avenida de Rubine, por Juan Flórez e logo polas rúas Fernando González e Notariado, ata incorporarse ao Cantón Pequeno pola praza de Ourense. Trátase dunha simplificación do percorrido para axilizar a incorporación cara á zona dos Cantóns. O percorrido orixinal destas frecuencias tivo que ser modificado temporalmente debido ao desenvolvemento dos proxectos de remodelación de San Andrés primeiro e dos Cantóns despois. 

En definitiva, procederase a suspender as paradas provisionais habilatadas para estas dúas liñas en Juan Flórez, 18 e rúa Notariado, 7, incorporando a cambio a parada en Juana de Vega 33, onde actualmente xa para a liña 21. En previsión de que agora poidan coincidir máis autobuses alí, incrementouse a lonxitude da parada para asegurar o seu correcto funcionamento.

Comparte éste artículo
No hay comentarios