O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, cargou duramente este mércores contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control do Parlamento de Galicia. Durante a súa intervención, centrada nos dereitos sociais de cara á cita do vindeiro 29 de novembro, Besteiro reprochou ao mandatario autonómico a súa deriva e a normalización das alianzas coa extrema dereita.
«Seo Rueda, houbo un tempo no que, cando diciamos que PP e Vox eran o mesmo, vostede alporizábasche. Agora xa nin disimulas», espetoulle o líder dos socialistas galegos, subliñando que ambos partidos coinciden na estratexia de recortar dereitos e liberdades fundamentais.
Besteiro defendeu que os grandes avances sociais das últimas décadas en España e Galicia levan sempre o selo de gobernos socialistas —desde a conquista do matrimonio igualitario e a lei de eutanasia ata a sanidade pública, a educación, a dependencia e a liberdade cultural—. Pol contra, criticou que o Partido Popular opúxose sistematicamente a todas estas reformas, chegando a recorreras ante o Tribunal Constitucional.
O líder do PSdeG exemplificou esta situación en varios eixes fundamentais:
- Fiscalidade inxusta: Denunciou que dos 2.100 millóns de euros en rebaixas fiscais rexistrados entre 2020 e 2025, a gran maioría beneficiou aos grandes patrimonios. Postulou como mostra a nova rebaixa do IRPF, onde un alto cargo da Xunta pode aforrar 150 euros mentres que un traballador con salario mínimo apenas percibe uns 3 euros de axuda.
- Saúde e dereitos reprodutivos: Alertou de que a Xunta segue sen garantir de forma plena o acceso ao aborto nos hospitais públicos próximos e criticou que mentres o PSOE busca blindar este dereito na Constitución, o PP o cuestiona e Vox propón derrogalo.
- A lei de eutanasia e as demoras: Sinaleou que en Galicia o 35% das persoas que solicitan a prestación para unha morte digna falecen agardando a que se lles recoñeza o dereito, debido á lentitude e aos atrancos administrativos.
- Cultura e censura: Censurou a precariedade que sofren os preto de 36.000 traballadores do sector cultural galego, a baixa execución orzamentaria do Goberno autonómico e as advertencias de Feijóo de retirar fondos ás iniciativas consideradas «sectarias».
- Memoria democrática: Lembrou que en Galicia fican 106 fosas da represión franquista e máis de 1.600 vítimas sen localizar entre A Coruña e Ferrol, mentres a Xunta garda silencio e o PP promete derrogar a lexislación vixente da man de Vox.
No tramo económico e social, Besteiro puxo cifras á emerxencia habitacional: 37.140 demandantes de vivenda pública en Galicia fronte a unhas promesas da Xunta que cualificou de insuficientes para 2030, criticando tamén os anuncios estatais do PP sobre o mercado inmobiliario privado aos que tachou de «burbulla».
Para o secretario xeral do PSdeG, a ecuación é clara: o PP prioriza o beneficio privado fronte ao interese público. «Se vostedes non son quen de garantir eses dereitos, como van selo cando pacten con aqueles que din que os queren eliminar? Nós defendemos os dereitos, vostedes defenden as dereitas», concluíu Besteiro na súa réplica parlamentaria, afeándolle a Rueda que non fose quen de citar un soo avance social impulsado polo seu partido en Galicia.