As concelleiras e concelleiros do BNG participarán na folga xeral deste mércores, 11 de novembro

As concelleiras e concelleiros do BNG de Lugo participarán este mércores, 11 de novembro, da folga xeral ante o actual contexto de emerxencia social, cunha imparable suba dos prezos e as crecentes dificultades para acceder a unha vivenda, situacións que empobrecen á clase traballadora. Rubén Arroxo, portavoz do BNG de Lugo, chamou á veciñanza a dar un «seguimento masivo» este mércores mércores, xornada na que o BNG apoiará as mobilizacións convocadas pola CIG, que esixen un plan de choque que responda á emerxencia social.

O BNG avirte do deterioro das condicións de vida das galegas e galegos pola elevada carestía e os baixos salarios e pensións, unha situación que está a producir que novamente sexan as clases populares as que paguen as consecuencias dunha crise económica mentres os distintos gobernos do PP anuncian baixadas de impostos a quen máis ten, «situación que tamén podemos ver no Concello de Lugo co proxecto de ordenanzas fiscais do PP», lembrou Rubén Arroxo.

Arroxo afirmou que «a suba dos productos básicos non compensa a suba do salarios» e afirmou que a situación da vivenda débese «á falta falta de medidas reais dos gobernos do Estado e da Xunta nos últimos anos». O portavoz do BNG destacou a importancia da mobilización para avanzar en políticas sociais e impedir o avance da dereita e da extrema dereita.

Comparte éste artículo
No hay comentarios