Almudena Otero protagoniza unha nova sesión de «Media Hora de Poesía» na Despensa de Saa

O encontro, titulado A miña matriz habita entre dous hemisferios, terá lugar o sábado 28 de novembro, ás 20:00 horas, e será presentado por Nieves Neira.

Almudena Otero Villena naceu e pasou a súa infancia no norte de África. Estudou Xornalismo e Filoloxía Alemá na Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse cunha tese sobre a relación entre tempo e identidade na novela artúrica. Investigou sobre mística femenina medieval, estudos dos que naceu o ensaio ‘ayn. O ollo e a fonte, Axóuxere, 2017 (edición en castelán: ‘ayn. El ojo y la fuente, Mandala, 2023). Ten, ademais, un poemario publicado: Diario dos mapas. Un ensaio de xeografía norteafricana (Urutau, 2020). Traduciu, entre outros autores, a Rosa Luxemburg, Mechthild von Magdeburg, Carl Schmitt, Martin Heidegger e Ludwig Tieck. 

O recital quere ser un convite a camiñar polas fronteiras e quebras do mundo, que nos desvelan tamén paisaxes de luz.a

Comparte éste artículo
No hay comentarios