Olalla Rodil, exerceu o seu dereito ó voto na mañá de hoxe no colexo Illa Verde

Olalla Rodil chama a acudir ás urnas para defender o dereito ao voto e construír «un futuro optimista»

A candidata do BNG ao Congreso dos Deputados por Lugo, Olalla Rodil, exerceu o seu dereito ao voto na mañá deste domingo no colexio Illa Verde da capital lucense e fixo un chamamento á participación cidadá na xornada electoral.

Tras depositar o seu voto, Rodil animou a poboación a achegarse aos colexios electorais: «A xente vaia ás mesas electorais a exercer o seu dereito ao voto, un dereito que custou moito conseguir e que debemos conservar para ter un futuro optimista».

A dirixente nacionalista acudiu ao punto de votación acompañada pola candidata ao Senado do BNG por Lugo, Brenda González, polo voceiro municipal da formación no Concello, Rubén Arroxo, e polo concelleiro Alexandre Penas, así como por outros cargos orgánicos e institucionais do Bloque.

Comparte éste artículo
No hay comentarios