Os Populares da comarca de Lugo trasladaron as súas propostas ao presidente Rueda

por Redacción Lugo

 O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reuniuse con representantes do Partido Popular na comarca de Lugo, entre os que estiveron presentes alcaldes e voceiros dos seis concellos que a conforman.

Na xuntanza celebrada en Rábade, o líder do PPdeG recolleu as prioridades e preocupacións deste municipio, trasladadas pola alcaldesa, Remedios González. Así como as dos rexedores de Castro de Rei, Friol, Guntín e Outeiro de Rei; e dos voceiros de Castroverde, Lugo, Meira e Pol.

Rueda quixo coñecer de preto, e de primeira man, os proxectos de futuro que teñen en marcha nesta comarca, así como as principais reivindicacións que fan os veciños e as veciñas, co fin de ter unha radiografía completa desta zona do interior de Galicia que suma preto de 118.000 habitantes.

Así mesmo, o líder dos populares galegos puxo en valor que, fronte ao contexto nacional, a nosa Comunidade siga a ser unha illa de estabilidade, algo que axudará, dixo, a que os obxectivos que se marquen os concellos poidan saír adiante.

Por último, os asistentes á reunión lle trasladaron a súa confianza ao presidente Rueda de que, cando chegue o momento, consiga a súa primeira maioría absoluta.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario