Xinzo de Limia aumenta o número de policías locais

por Redacción Ourense

A Policía Local de Xinzo de Limia conta dende hoxe con un novo axente.Este martes Amador Díaz, alcalde de Xinzo, acompañado de Moncho Gómez, concelleiro de Mobilidade,  e José Manuel Estévez, inspector xefe, recibiron ó novo policía para darlle a benvida ó seu posto de traballo.

Jose Adolfo Cid, que xa se incorporou ás tarefas diarias, trae consigo unha longa experiencia adquirida en Allariz e ten un amplo coñecemento do Concello de Xinzo de Limia, polo que a súa adaptación será moi doada. Con esta incorporación o equipo ascende a un total de 15 axentes, unha das mellores proporcións respecto ó número de habitantes de toda a provincia.

Isto compleméntase ás últimas novas na Policía Local, que trata de achegarse á cidadanía agora tamén a través das redes sociais coa súa nova conta de Instagram (@policialocalxinzodelimia) ou coa creación dos aparcamentos de 15 minutos entre outras propostas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario