As liortas entre o PSOE, encargado da área de persoal, e o BNG responsable de Educación, deixan sen cubrir as vacantes dos conserxes de colexios de Lugo
No Colexio de Rosalía e no das Gándaras suspenderon as actividades extraescolares das tardes e temen que se queden sen calefacción por falta de mantemento ao non haber persoal.
O concelleiro Javier Vázquez explica que a falta de entendemento entre os socios de goberno está afectando a servizos tan importantes como o mantemento dos centros educativos lembrando como hai pouco, tamén por falta de persoal, houbo problemas para facer enterros no cemiterio municipal de San Froilán