Fai anos deste achádego da mariscadora Reme Varela, que mariscando na praia de par da Ponte da Toxa atopa esta rocha que gardou por parecerlle curiosa. A nova salta estes días cando arqueólogos recoñecidos de Galicia comentan sobre a importancia histórica desta rocha tallada. Reme ademais de ser unha das mariscadoras da Cofradía de O Grove, tamén é membro da Asociación Andarela, moi comprometidos co Patrimonio, música, fala e idiosincrasia de Galicia, así como a divulgación e protección destes elementos tan importantes da nosa propia historia como Pobo.
Existe a posibilidade de que non sexa a única nesa zona
Segundo afirman algúns expertos o material non é sílex, é cuarcita ou algo parecido, tipo croio de río! Encaixa moito máis coa hipótese que “nalgún momento pasara por alí o primeiro galego despistado e deixara a ferramenta feita con materiais locais” pero non se pode descartar que puideran aparecer máis pezas similares nesa mesma zona. A Deus grazas temos moitísimos castros, dolmens, mámoas e miles de obxectos como este por toda Galicia, os modernos xeo-radares botan lume, pero, …. a vida sigue e seguiredes mariscando sen ningún problema, e seguiremos apañando patacas de par dos dolmens, porque baixo terra todo isto está protexido da erosión da auga e da oxidación, pero é importante o labor de divulgación como moi ben está a facer a nosa amiga Reme, e outras moitas mais persoas amantes da historia. E aqueles que amamos a arqueoloxía, e inclúome, estamos moi contentos polo achádego. Mais repito, a vida sigue.
A CONTROVERSIA
A tal hora existen dúas opinións diferentes dos entendidos na materia sobre o tipo concreto de ferramenta, pode ser unha bifaz achelense [ a versión mais plausible ] aínda que outros opinan que pode tratarse dun pico asturiense. No que todos parecen estar de acordo é que se trata dunha ferramenta humana paleolítica de entre o 8.000 a.C. ao 10.000 a.C. ou anterior, dependendo moito de posibles análises futuras sobre este importante achádego tan singular. Non sabemos se ese día a nosa amiga completou o seu cupo de ameixa fina mais non volveu da marea coas mans baleiras. Segue en mans dos especialistas e coméntanos a 21NOTICIAS.COM que soña atopar máis tesouros na area.