O próximo sábado 2 de decembro ás 18h no Local Social do Montiño en Imo, (Dodro) a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño celebra a súa cita do CERTAME FOLCLÓRICO 2023 e ademais faráse un especial recoñecemento á Coral Polifónica de Laíño que durante 16 anos espallou á música do folclore clásico galego, polifonía clásica e relixiosa etc por todo o país.
Os grupos participantes neste CERTAME FOLCLÓRICO 2023 serán:
AS GARRIDAS
TRIOPATA
AS SIVALVEIRAS
AS XEITEIRAS
AS MAIANAS
OS LIANTES
AMAIANTE
OS MERSENARIOS
A FOLIADA DO MONTIÑO
A Asociación de Veciños convida a toda a veciñanza da comarca a este festival que rematará con unha foliada libre e pinchos para todos os asistentes.