O Concello de Dumbría presentou a programación do Nadal 2023/2024
Este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e encargarémonos de facérllelas chegar.
Do 15 ao 21 de decembro, Papá Noel falará coas nenas e nenos nas clases de informática.
Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.
Tamén teremos obradoiros infantís de manualidades e ata unha scape room na biblioteca.
Faranse quendas para que todos/as poidan participar.
Teremos actuacións de maxia, música, teatro, contacontos.
Organizamos unha Festa Infantil no Conco con moitas sorpresas. Haberá xogos, obradoiros de manualidades, pintacaras, globoflexia, risas e diversión.
Ollo! Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.
Podes descargar aquí a solicitude⬇️
https://drive.google.com/file/d/1uM4Iqu7IbgXXpYu5sAKbjwaLeYUD7p6G/view?usp=sharing
E, para pechar estas datas de Nadal, a tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.