Os deputados populares defenderán no pleno unha iniciativa para que a Deputación de Lugo realice un estudo do estado no que se atopan as vías provinciais e confeccionar un programa para proceder ao arranxo das mesmas, dando prioridade a aquelas estradas nas que fai máis tempo que non se actúa
Antonio Ameijide explica que «por coherencia e responsabilidade» debería de aprobarse esta iniciativa que so ten por obxectivo acadar a renovación do firme das vías de titularidade provincial, para o que sería preciso dotar de maior presuposto á partida dirixida á conservación e mantemento das vías provinciais
· O voceiro popular denuncia que «se chegamos a esta situación é unicamente polo abandono e deixamento de funcións» de Tomé que abandonou á provincia, «preocupándose so do municipio do que é alcalde»
· Ameijide afirma que o nefasto estado da maior parte das estradas da Deputación Provincial non so xera molestias a diario, se non que directamente supón «un perigo real» para condutores e peóns «algo que non se pode permitir» polo que «no caso de que algún día pase algo grave o responsable será o presidente da Deputación polo seu deixamento de funcións a fronte desta competencia da Deputación»
Tampoco era necesario esa puesta en escena en esa pista destartalada ,con «fochanca incluída».Esos «pedrolos» no
serán vistos jamás por Tomé y por eso no los repara.
Tampoco Tomé se dedica a Monforte .Alli esperan remodelaciones varias y un parque para asueto vecinal que Tomé
ha olvidado .Sus prioridades son otras y se hará internacional.