Xuventudes Socialistas «A mocidade ourensá vainos alugar a Xunta de Galicia e o noso reto renovar en 4 anos»

por Redacción Ourense

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron no Campus de Ourense, e xunto membros da candidatura e da corporación municipal, a Campaña “The Best” onde defenderon o programa mozo como “o mellor contrato coa xuventude da Provincia”.

A organización xuvenil estableceu un stand informativo con algunhas das principias medidas que José Ramón G. Besteiro asumiu onte, ao asinar o programa da organización xuvenil que promete “por á xeración Z no centro da política galega”.

Dende a agrupación local das XSG consideran que é importante captar e reter o talento que “se forma na nosa terra e recuperar aquel que se viu forzado a coller a maleta e marchar”.

Ainoa Rodríguez, número 12 da candidatura e responsable local de igualdade, defendeu a necesidade de “aproveitar a capacidade innovadora do estudantado do Campus de Ourense e porlles as facilidades necesarias para investigar, emprender e asentarse na provincia”.

Pola súa banda, Xurxo Doval, secretario xeral de XSG e número 5 pola provincia, incidiu no feito de que “un mozo universitario na provincia de Ourense pode deixarse entre 3000 e 20000 euros na súa vida académica, por mor dos custos directos e indirectos da vivenda, sumado aos relacionados coa universidade”.

O líder mozo reivindicou que “o PSdeG vai a limitar o custo da vida da mocidade galega, de forma que ningún aluguer supoña máis do 30% do salario dos menores de 35 anos, ademais de ampliar os bonos aluguer e desbloquear a oferta pública de vivenda”.

“A mocidade ourensá vainos alugar a Xunta de Galicia e o noso reto renovar en 4 anos, por iso a vivenda non vai ser un chiste para nós”, sentenciou o mozo socialista.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario