O PP respaldará ao sector audiovisual da provincia impulsando medidas para posicionar Lugo como destino de rodaxes

por Redacción Lugo

Na reunión de Elena Candia coa Asociación de Produtoras Independentes de Lugo (APRIL), na que tamén participou o Secretario Xeral de Política lingüística Valentín García Gómez, destacou a calidade dos profesionais lucenses «que forman parte do noso tecido empresarial e cultural».

. Candia destacou a forza do sector audiovisual da provincia que conta “con grandes profesionais” e comprometeuse “a impulsar medidas para apoiar o desenvolvemento destas empresas que están moi presentes no tecido cultural e empresarial de Lugo”

Un dos desafíos para o desenvolvemento do sector é o de posicionar Lugo como unha cidade amiga para o audiovisual e que sexa un destino de rodaxes audiovisuais.
Tanto a candidata do PP coma o Secretario Xeral de Política Lingüística ratificaron o seu compromiso co sector manifestando que “arranca un proxecto ilusionante que agardamos acade grandes retos”.
Pola súa banda, dende a Asociación de Productoras Independentes de Lugo manifestaron “estar ilusionados e agradecidos co apoio institucional recibido por parte do goberno galego”.

En APRIL reúnense unha trintena de profesionais da provincia no que están guionistas, técnicos, produtores, operadores de dron, expertos en márketing e tamén docentes de imaxe e son.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario