As actividades están dirixidas pola Profe Alba e destinadas a público infantil, abertas a todos os nenos e nenas interesados. Inclúen contacontos, obradoiros e música e baile. O número de teléfono para consultar dispoñibilidade e reservar praza é o 690 698 036.
A festa no CEIP de Paradai forma parte dun ciclo de contacontos impulsado polo Goberno galego xunto coas asociacións de veciños de diversas zonas de Lugo, que se desenvolveu durante os últimos meses en San Fiz, Montirón, A Milagrosa, Augas Férreas ou Recatelo, entre outros barrios.