O PP de Lugo desvela que o informe de morosidade reflicte que a 31 de decembro o concello debía 1.754 facturas por un valor de máis de 9M €

por Redacción Lugo

Tras analizar a liquidación de 2023 e o informe de morosidade a voceira o Grupo Popular amosou a súa preocupación pola  forma de xestionar dos recursos públicos lamentando a dependencia do endebedamento e a falta de planificación orzamentaria.

 Segundo o informe de morosidade a 31 de decembro de 2023 o Concello tiña sen pagar 1.754 facturas por un valor de 9.145.913M€ sendo destacable que 1.135 destas facturas incumpren o periodo máximo de pago a provedores que segundo marca a lei, está situado en 60 días.

–                     A voceira do Grupo Popular Elena Candia presentou outras cifras que reflicten que o goberno local suspende en xestión económica tomando como fonte o informe da liquidación de 2023 e explicou que no Concello de Lugo se gasta máis do que se ingresa, e por tanto non cumpre coa  estabilidade orzamentaria

–                     O déficit de financiamento ascende á preocupante cifra de 14,5M€ (antes de axustes)  

–                     O estudo da liquidación tamén confirma, punto por punto, o debate do Partido Popular no pleno da aprobación dos orzamentos cando dicía que «o papel o aguanta todo, e que o que presentaban non era a imaxe fiel da situación económica do concello e así se ratifica vendo como na previsión de ingresos que fixeron para  2023 faltan 18M€ e que, pola contra, gastaron 3,7M€ máis do que preveían».

–                     Outro dato significativo é que «en nove anos o bipartito de Lugo dilapidou os remanentes de tesourería o que supón unha mostra clara de que non teñen aforros e que se ven obrigados a  recurrir un crédito».

–                     O importante do diñeiro público é decidir onde se gasta «gobernar é decidir e o problema da situación económica que vive o concello de Lugo é porque é que se derrochou en proxectos que non aportaron nada a ciadanía» polo que agora a pregunta é  «que vai pasar co edificio verde, as caldas ou o carril bici»

–                     Todo o que en orzamentos deste ano vai relacionado como anexo de investimentos condicionase a unha operación de crédito de 13,5M€, seguindo o modelo socialista nacionalista de «eu invito que paguen os que veñan»

–                     A xestión dunha administración que non pode manter un equilibrio de gastos e ingresos, que acabou con todos os aforros que tiña, que depende dun crédito para financiar as súas operacións e que demostra unha falta de planificación só se pode calificar de «irresponsable e derrochadora».

–                     Os populares tamén lembraron como no mes de xaneiro o goberno local levou facturas a pleno de prestacións e contratos realizados en 2022 e 2023 por un importe total de 914.824,14 € das cales 432.372,02€  tiñan reparo o interventor aclarando que en 2023 a cifra de facturas pagadas con reparos de legalidade que pasaron por pleno ascendían a 6.369.917,43 €

–                     Para os populares» algo que debía ser excepcional no concello de Lugo é unha práctica habitual subliñando como neste caso afecta a importes de contratos do San Froilán que dependen directamente da área de cultura da que é responsable o BNG».

–                     Outros números que nos chaman a atención e que indican que «a situación económica do concello é preocupante  son os 30,2M€ de dubidoso cobro».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario