O vicevoceiro popular considera sorprendente que o concelleiro de deportes pida á Xunta que se involucre «non é de recibo que o responsable de área descoñeza que hai un acordo a tres bandas cun compromiso da Xunta para financiar o pavillón» aclarando que «se non é realidade é porque tres anos despois de anunciarlo o goberno local ainda non fixo o proxecto»
Enrique Rozas manifestaba que “estamos ante un goberno que, si de algo pode presumir, é da total desidia que manifesta en todos os proxectos deportivos da cidade”:
- Néganse a suscribir o convenio da Fegamp para o uso das instalacións deportivas dos centros educativos, unha medida adoptada por outros municipios e que supón un incremento importante de dotacións.
- Anuncia un proxecto que nunca chega a ver a luz. Ademáis do pavillón Sport Life, hai outros exemplos como as zonas deportivas de SanfizReformas chapuceiras en pavillóns municipais, como os 140.000€ investidos en O Palomar, que non habilitan as instalacións para a súa homologación.
- Temos pistas en mal estado, vestiarios obsoletos ou inundacións como as deste pasado fin de semana nas pistas de atletismo de As Pedreiras
Rozas manifestaba que toda a acción do goberno local se resume “en anuncios de proxectos que finalmente quedan sen executar e que acumulan anos de retrasos. Estamos a converter a cidade de Lugo nun cemiterio de infraestruturas urbanas sen uso e abandonados”.
Ante a inoperancia do Goberno Local en materia deportiva, que levan xestionando 25 anos as instalacións deportivas da nosa cidade, algúns clubes víronse na obriga de buscar alternativas para paliar o déficit de horas de entrenamento que non cubren as necesidades existentes.
Enrique Rozas demanda do goberno local que se tome en serio os beneficios da práctica deportiva e que xestione as instalacións existentes no municipio de xeito que se garanta o uso a toda a veciñanza que demande estos servizos.