Onte deu comezo na Delegación Territorial da Xunta en Lugo as XVIII Xornadas de Cultura Clásica, que se desenvolverán durante toda a fin de semana. Suman máis de 130 inscritos e contarán coa participación de expertos e divulgadores nacionais e internacionais.
Están organizadas pola Asociación Cultura Clásica, co apoio do Goberno galego, e céntranse no patrimonio, a lingua e as civilizacións grega e romana. Ademais de conferencias sobre a materia, inclúen obradoiros didácticos, actividades como a lectura de cartas de soldados romanos e a escenificación de técnicas de combate, a representación de Edipo Rei –a cargo da compañía de teatro Noite Bohemia- ou unha cea con receitas extraídas dos textos de Columela e Apicio.
O programa rematará o domingo pola mañá, cunha visita guiada por Lugo integramente en latín, dirixida polo Circulus Latinus Gallaicus.