Antonio Ameijide acusa a Tomé de «non interesarse polos problemas reais dos lucenses» tras ver como autoasinou ás agochadas durante un pleno, pola súa propia conta e semella que sen informar ao resto de deputados de goberno» un convenio por valor de 600.000€ co Concello de Monforte para facer unha piscina.
- O popular explica que Tomé asinou o decreto no mesmo pleno no que PSOE e BNG aprobaron definitivamente o Plan Deputación no que o presidente provincial aumentou en 50.000€ a partida que destina ao seu municipio mentres baixaba os recursos a 62 municipios da provincia
- Dende o Grupo Popular sinalan que Tomé xa non debe ter nin que lle avale no seu equipo este tipo de actitudes sectarias e egoístas, discriminando a todos os veciños da provincia agás aos do concello que goberna
- Unha situación que se engade ao abuso que o presidente da Deputación realiza do parque móbil, mantendo permanentemente unha brigada no seu concello mentres os municipios veciños claman por estas brigadas para poder arranxar as súas estradas