Esa é a resposta do señor Cajoto á pregunta formulada polo PP de Foz no pleno de onte sobre os feitos acontecidos durante sábado de carnaval
· O PP bota de menos un informe profesional dos técnicos e lamenta a negativa do alcalde a crear unha comisión de investigación sobre este asunto
· Despois de analizar a documentación os populares cren que é necesario cambiar a ubicación do recinto e que haxa cambios na organización
· Os populares queren que se depuren responsabilidades e que nesta comisión de investigación estean presentes, ademais dos representantes dos grupos políticos, tamén os técnicos que participaron na organización deste evento
· «O equipo de goberno e o señor alcalde deben aprender dos erros cometidos para que non volva a ocorrer e poder restablecer a imaxe do Entroido de Foz que quedou danada polos sucesos acontecidos nesta última edición» reclama o voceiro do PP de Foz