O Grupo Socialista pide continuar no camiño cara á gratuidade das peaxes da AP-9

por Redacción Galicia

. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Carlos López Font, presentou hoxe no Parlamento o acordo de investidura para camiñar cara á gratuidade da AP-9 a través da bonificación do 75 por cento das peaxes das autoestradas AP-9 e AP53. López Font presentou esta proposta como emenda a unha proposición non de Lei do BNG, que aceptou incorporala ao texto final, pero que foi rexeitada polo PP.

Os socialistas galegos reclaman que mentres a transferencia da titularidade da autoestrada non sexa unha realidade con xestión propia e gratuidade das peaxes, o goberno continúe coas bonificacións ás peaxes iniciadas polo goberno do PSOE dende o ano 2021. Lembrou que os socialistas galegos foron o único partido presente na Cámara autonómica que votou a favor daqueles orzamentos que permitiron as bonificacións.

Sinalou que os socialistas galegos presentan esta proposta “na liña do que defendemos e asinamos no pacto de investidura co BNG, polo que entendemos que este partido apoiará” o que eles mesmos rubricaron naquel acordo.

Malia que a iniciativa debatida hoxe pedía a anulación da prórroga da concesión, que foi ampliada ata 2048 por decisión do goberno do PP, lembrou que o procedemento é suxeito dun procedemento xudicial aberto en Europa para determinar se a decisión pode ser considerada irregular. Pediu respecto aos procedementos xudiciais, e subliñou que “non podemos actuar coma xuíces nin tribunais, por moito que compartamos que a prórroga non se faga efectiva”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario