O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

por Redacción Galicia

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9 de xuño

O PSdeG constituíu oficialmente esta tarde o seu Comité de Campaña para as próximas Eleccións Europeas do 9 de xuño, nunha xuntanza na que participaron o secretario xeral, José Ramón Gómez  Besteiro e o candidato Nicolás González Casares. Coa reunión na sede de O Pino Iníciase a fase de planificación dunha campaña onde o PSdeG comprométese a ofrecer aos cidadáns unha proposta sólida e progresista para representalos no Parlamento Europeo.

Baixo o lema “Máis Europa + PSOE” o candidatura do PSdeG seguirá traballando como o fixo ata agora, para exportar á UE un modelo *propio* baseado nunha economía máis moderna, un Estado do Benestar máis robusto, unha transición ecolóxica que brinde máis riqueza e oportunidades e unha España e unha Europa abertas ao mundo.

O obxectivo dos socialistas galegos é defender que con máis políticas socialistas hai máis Europa e máis Galicia que recibiu 3.800 millóns de euros dos fondos Next Generation. Ninguén ten máis forza para defender ao noso país na UE que o PSdeG, e ninguén pode defender mellor o escudo social fronte á ultradereita.

O Comité de Campaña, liderado polo secretario de Organización, Luis Ángel Lago Lage, estará composto polos responsables provinciais e un equipo diverso e comprometido de membros do partido, ademais de expertos en diversas áreas políticas e estratéxicas. A súa misión principal é desenvolver unha campaña inclusiva, orientada ás necesidades e preocupacións das galegas o galegos.

O proxecto europeo do PSdeG reafirma o compromiso cos valores de solidariedade, xustiza social e progreso, fundamentais para construír unha Europa máis forte e cohesionada. Neste sentido, representantes do partido acompañarán aos tres candidatos galegos para comunicar e promover estas ideas, así como as propostas concretas para abordar os desafíos e oportunidades que enfronta Galicia dentro da Unión Europea na actualidade.

A candidatura dos socialistas está integrada por un 55% de mulleres e un 45% de homes, un equipo humano composto por profesionais altamente cualificados, moitas das cales xa demostraron a súa capacidade durante a anterior Lexislatura liderando os principais debates no Parlamento Europeo, o que supón unha gran achega de experiencia.

O proxecto socialista pasa porque España siga liderando os avances en Europa, Galicia xógase moito na UE  en aspectos chave da nosa economía como a agricultura, a pesca, o medio ambiente e o transporte e a mobilidade.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario