Para esta loita é necesaria a xente nova, por iso invocan ás fillas e aos fillos que teñen máis forza e están máis preparados; eses mozos e mozas, que ás veces semella que perderon o apego polas cousas do rural e do seu medio natural, nada máis lonxe, estamos a velo. Cando se fai presente o perigo abrolla neles ese tirón telúrico que teñen gardado para as cousas boas e nobres, e esta é unha delas, pois o seu compromiso coa terra non está a fallar, erguéndose en alborada, nenas e nenos, mozos e mozas dicindo e expoñendo sólidas razóns polas que non queren a ALTRI nas súas vidas. (Xosé Edrosa Leal, do artigo, Hoxe Galiza enteira debe mirar cara á Ulloa )
O vídeo da Plataforma por unha Ulloa Viva, recolle o sentir de moitas persoas convidando a participación da manifestación do día 26 de maio en Palas de Rei, contra a macrocelulosa de Altri. «Sobran motivos polos que estar en Palas o 26 de maio. Estes son só uns poucos».