Elena Candia: “Gracias ao PP conseguiuse flexibilizar a PAC, reducir esixencias do Pacto Verde e que a Comisión Europea se posicione para rebaixar a protección do lobo

A presidenta provincial asegurou xunto ao candidato Francisco Millán Mon, a presidenta do PP de Vilalba, alcaldes, portavoces e concelleiros nunha reunión na comarca da Terra Chá que «o Partido Popular sempre apoiou en Europa as demandas dos agricultores e gandeiros lucenses».

  • Un bo exemplo de que é preciso ter aliados do sentido común en Europa é que se flexibilizou a PAC gracias a unha proposta do Grupo Popular Europeo no que Millán Mon é unha figura destacada; mentres que PSOE e BNG votaron en contra de buscar o equilibro entre o lobo e o sector agrogandeiro», destacou a popular
  • Os populares sinalaron ademais que «a candidata do PSOE, Teresa Ribera, é a máis ecoloxista dos socialistas e a do BNG, Ana Miranda, é aliada dos verdes»
  • O PP lucense convida a participar na cita electoral do vindeiro 9 de xuño e pedir o voto para o Partido Popular «para garantir que a voz dos gandeiros lucenses teña peso en Europa»
Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios