O PP confirma que, unha vez rematados varios procesos selectivos, o PSOE está a colocar aos membros dos seus gabinetes como funcionarios alí onde gobernan

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide explica que os traballadores do gabinete de presidencia de José Tomé «casualmente» foron os aspirantes mellor cualificados en varios procesos selectivos, tanto na Deputación como en concellos gobernados polo PSOE

·       O voceiro popular sinala que xa rematou o proceso de selección para unha praza de técnico de comunicación audiovisual para a Deputación de Lugo correspondendo as dúas mellores notas a dúas traballadoras do gabinete de José Tomé na Deputación de Lugo: «o tempo tardou pouco en darnos a razón»

·       Antonio Ameijide explica que outro dos casos que se denunciou e se confirmou hai poucos días foi o do ex xefe de gabinete de presidencia de PSOE e BNG que xa exerce como secretario-interventor no Concello de Antas, no que é alcaldesa Pilar García Porto, tras renunciar o mes pasado ao seu posto na Deputación de Lugo

·       O popular denuncia o abuso das ATF no goberno de PSOE e BNG, poñendo como exemplo o nomeamento de Sonia Méndez como xefa do servizo de contratación, xa que a ex tenente de alcalde socialista no Concello de Lugo é unha funcionaria interina e ocupa o posto por diante doutros funcionarios de carreira e con moitos máis anos de experiencia

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario