Arias reitera o apoio da Xunta á Semana de Cine e outras propostas culturais para Lugo nunha reunión con Xulio Xiz

por Redacción Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión con Xulio Xiz na que confirmou o apoio do Goberno autonómico á Semana de Cine e a outras propostas culturais para a cidade que proxectan o Grupo fotocinematográfico Fonmiñá e o Colectivo Egeria.

A edición número 46 da Semana de Cine celebrarase entre os días 23 e 29 de setembro.  Presentáronse 1.512 películas á convocatoria, das que serán seleccionadas 146 para formar parte da programación oficial. A Delegación Territorial da Xunta en Lugo será unha das sedes que acollerá as proxeccións do festival.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario