A Xunta explica aspectos organizativos do próximo curso á federación de Anpas da provincia de Lugo

por Redacción Lugo

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe unha reunión entre a directora territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Sagrario Sánchez, xunto con técnicos de Inspección, e representantes da  Federación de Asociacións de Nais e Pais de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo (Fapacel).

A xuntanza atendía a unha petición do colectivo para coñecer e tratar algúns aspectos organizativos do vindeiro curso, como os agrupamentos ou desdobramentos de aulas. A Consellería explicou os cambios que se producirán e as razóns nas que se basean e respondeu ás consultas que formularon.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario