PP: «O Concello de Lugo negaba o problema mentres tiña ocupas nun piso municipal»

por Redacción Lugo

O concelleiro popular Gustavo Díaz lamenta que o goberno local se enroque en negar o problema da ocupación mentres era coñecedor de que a vivenda de titularidade municipal sita en rúa Catedral, 13 estaba ocupada por persoas non autorizadas.

·        Un incendio foi quen de poñer o foco nun problema que afecta a outras zonas da cidade e para o que non se está a actuar coa debida dilixencia. «É preciso afrontar o problema e tomar medidas para erradicar a ocupación de vivendas e velar pola seguridade da veciñanza da cidade»

·        O Grupo Municipal do Partido Popular levou a pleno en diversas ocasións iniciativas encamiñadas a eliminar esta problemática pero non acadou máis que acusacións de alarmistas sen conseguir ningún tipo de actuación por parte do goberno municipal. «Unha lástima que os feitos veñan a darnos a razón xa que non se trata de alarmismo senón de poñer o foco en buscar unha solución a un problema que afecta a varios barrios da nosa cidade»

·        Os populares tamén se interesarán en pleno polo  expediente de este inmoble e dos seus .

·        Ao mesmo tempo o Grupo Municipal do Partido Popular reitera que o goberno local «cando rectifica acerta» e unha vez máis o pon de manifesto ao permitir a apertura da nova residencia da terceira idade o considerarse «emendadas as deficiencias observadas no informe técnico municipal para a primeira ocupación da edificación». «Un papeliño» que ten que ver coa seguridade de todos pero que non é condicionante para a obtención da licencia de primeira ocupación, que estaba a impedir a apertura desta nova instalación, tan necesaria para moitas persoas dependentes ou que precisan dunha praza para poder sobrelevar as súas enfermidades ou simplemente para vivir a súa vellez cunha boa calidade.

·        Este retraso intencionado na apertura só pode responder a dúas cuestións, ao descoñecemento da normativa ou á mala fe para retrasar a apertura, esta última opción resulta realmente preocupante, máis nunha administración local que ten na súa obriga velar polos servizos para a veciñanza.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario