Enrique Rozas López, renuncia a acta de concelleiro por motivos persoais e familiares

por Redacción Lugo

Dende o PP de Lugo queremos agradecer todo o traballo realizado durante este período a este compañeiro en prol da mellora de Lugo e da calidade de vida dos seus veciños.

Obvia dicir que a entrega de Enrique Rozas foi total e que sempre foi quen de atender de forma cercana e desinteresada a todos os veciños que requeriron da súa axuda na labor municipal. É por iso que poñemos en valor a enorme xenerosidade que amosa ao dar este paso que únicamente responde á necesidade de estar ao carón da súa familia e ante as dificultades que afronta para exercer as labores de concelleiro como considera que merece o cargo, deixando patente que o máis importante é a defensa do noso municipio, as súas parroquias e os seus veciños.

Deste xeito, a súa renuncia será oficial no pleno ordinario do mes de xullo. No seu lugar tomará posesión o seguinte integrante da lista electoral, Damián Carballo .

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario