Castiñeira: “O PP de Foz non pasa polas manipulacións do alcalde e impugnará o pleno extraordinario celebrado este luns no que se levaba novamente a adxudicación do servizo da Residencia de Maiores”

por Redacción Lugo

«O señor Cajoto, incumprindo a legalidade, nin deixou que se votara a emenda do Grupo Municipal Popular na que se pedía que se deixara o asunto enriba da mesa»

O Partido Popular de Foz non pasa polas manipulacións do alcalde e impugnará o pleno extraordinario celebrado este luns no que se levaba novamente a adxudicación do servizo da Residencia de Maiores. O señor Cajoto, incumprindo a legalidade, nin deixou que se votara a emenda do Grupo Municipal Popular na que se pedía que se deixara o asunto da enriba da mesa dado que “mentres non estiveran claras as cantidades que ía a pagar os usuarios e mentres non estiveran claras as cantidades de axudas que ía a dar o Concello pois, loxicamente, non era prudente sacar adiante este concurso porque hai a posibilidade de que haxa moitos usuarios que teñan que abandonar a Residencia”, explica o voceiro popular, Javier Castiñeira

No anterior pleno no que levou este asunto, Cajoto admitiu que se votase a posibilidade de que quedase enriba da mesa porque contaba co apoio dos seus socios, pero agora que o BNG se sumaba á proposta dos populares, o alcalde, ao quedarse só, decidiu de forma unilateral que non se chegue nin a votar a opción de aprazar a adxudicación ata que se concrete canto vai a ter que pagar cada usuario.

“Son moitas as irregularidades de Cajoto e chegaremos ata o final para evitar este atropelo. Estamos dispostos a levalo ao contencioso-administrativo”, sinala Javier Castiñeira.

“Non é unha cuestión política, é unha cuestión de humanidade ante un atropelo ás familias e usuarios da Residencia. Cos votos do Partido Popular que non conten se iso vai a provocar que haxa usuarios que teñan que abandonar a Residencia de Maiores por non poder pagala”, finaliza o voceiro do PP de Foz.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario