O escultor en madeira Yosi Fervenza rematou en Lugo a imaxe dunha vaca e un carballo, coa que Xanceda e o Concello de Lugo realizan «un monuUumento ao rural».
A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo colabora coa Casa Grande de Xanceda na homenaxe ao rural galego organizada baixo o nome «un monuUumento ao rural». Durante a xornada de hoxe, a Casa Grande de Xanceda colocou un posto informativo na praza Maior, onde se puideron degustar os seus productos, e o artista Yosi Fervenza, gañador de diversas competicións de talla en madeira, rematou a talla dunha vaca e un carballo na propia praza. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participaron na apertura do acto, onde destacaron «a importancia do rural para a vida de todas as galegas e galegos». O acto tamén coa presencia do Xerente da Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez Ruiz.
A imaxe adicada por Xanceda e a Tenencia de Alcaldía compóñena unha vaca e un carballo, dous elementos que representan a esencia do rural galego. O encargado de esculpir a estatua é o artista galego Yosi
Fervenza. Fervenza é un afamado artista de exhibición e corte en tronco con motoserra, técnica que usou para A Vaca e o Carballo. A madeira utilizada é dunha árbore autóctona impoñente, derrubada por un temporal na propia Casa Grande de Xanceda.
Esta iniciativa pretende igualar os monumentos adicados ás cidades, como o Oso e o Madroño ou a Catedral de Santiago, mais co rural galego, concienciando tamén sobre a importancia dos gandeiros e os agricultores
para a sociedade e da necesidade de apoiar o rural galego para evitar abandono, monocultivos e incendios.
.O Tenente Alcalde destacou a importancia da agricultura ecolóxica e da transformación das materias primas como «un gran potencial económico para Galiza», e afirmou que «xerar valor engadido con permite a pequenas explotacións gandeiras converterse en referentes do comercio de proximidade». Segundo Rubén Arroxo, a actividade agrogandeira é un fornecedor de alimentos e de defensa da natureza, medio ambiente, biodiversidade animal e vexetal, e garantes do territorio e da paisaxe.