O PP presenta unha iniciativa a pleno para solicitar a apertura do novo Auditorio de Magoi

por 21 Noticias

Cando se cumpren 4 anos e 2 meses dende que o bipartito de Lugo ten as chaves do Auditorio de Magoi os concelleiros do Grupo Popular piden a apertura do Centro Cultural-Auditorio da Cidade de Lugo.

O Partido Popular da voz a unha reivindicación social e cultural e solicita a apertura do novo Auditorio de Magoi.Unha vez finalizadas as obras de reparación das patoloxías do edificio seguimos a espera de que o goberno municipal poña en marcha unha infraestructura que se deteriora co paso dos días sen uso.

·        Moitos anuncios, escusas e contradicións pero os lucenses seguen sen ter o Auditorio. Dende o Grupo Municipal do Partido Popular parécenos inaceptable que un investimento de mais de 20M€ siga sen estar a disposición de artistas da cultura, os que aínda recentemente iniciaron unha campaña reivindicando a súa apertura

·        Pasaron 50 meses, mais de 4 anos, e mais de dicir 1.520 días, dende que a actual alcaldesa, Paula Alvarellos, firmase a formalización da acta de recepción do Auditorio de Magoi, o edificio segue pechado e nada se sabe da data de apertura do mesmo. Tampouco se o goberno local apostará pola xestión pública do edificio dado o carácter privatizador no que están inmersos.

·        Meses de promesas incumpridas e de falta de información seguen a sucederse nunha apertura en nun sistema de xestión que o goberno municipal non logra desbloquear.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario