En marcha os servizos especiais de autobús con motivo da romaría de Caión

por Redacción A Coruña

Haberá frecuencias ao longo de toda a xornada con ida e volta para conectar A Coruña e Carballo co santuario de Caión.

A Xunta porá en marcha este domingo, 8 de setembro, servizos especiais desde A Coruña e Carballo a Caión, no municipio coruñés da Laracha, con motivo da romaría da Nosa Señora dos Milagres, e co obxectivo de 
facilitar a asistencia ás celebracións relixiosas no santuario e a posterior procesión.

Deste xeito, desde Carballo cara Caión haberá servizos pola mañá ás 10,00; 11,30; 13,00; e 14,30 horas; e pola tarde, ás 16,00; 17,30 e 19,00 horas. En sentido inverso, os autobuses sairán desde Caión para 
volver a Carballo ás 10,00; 10,45; 12,15; 13,45; 16,45; 18,15 e 19,45 horas.

Por outra parte, as saídas desde A Coruña están previstas ás 08,50; 10,00; 11,30; 12,30; 13,00; 16,00; 17,30; 17,50 e 19,00 horas. Desde Caión á Coruña haberá 09,45; 10,45; 12,15; 13,15; 13,45; 16,45; 18,45 e ás 19,45 horas.

Os autobuses chegarán e sairán da parte baixa da costa do santuario, garantindo así un acceso máis cómodo ás persoas asistentes á romaría, consolidada como unha das celebracións relixiosas de referencia no norte da provincia da Coruña. O santuario convértese en lugar de peregrinación ao que asisten milleiros de romeiros.

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución, e diminúa o impacto medioambiental e 
sobre o tráfico.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario