A UNED de Lugo reduce un 11% a súa pegada de carbono, obtenido por primeira vez o selo “Reduzco” do MITECO

A UNED de Lugo logrou, por cuarto ano consecutivo, calcular a súa pegada de carbono, un proceso que comezou en 2021 e que reflicte o seu firme compromiso coa sustentabilidade e a loita contra o cambio
climático. Grazas ás diversas medidas implantadas desde entón, o centro conseguiu reducir a súa pegada de carbono, o que lle permitiu obter os selos de «Calculo» e «Reduzo» que outorga o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO).

Durante estes catro anos, a UNED de Lugo traballou activamente para medir e controlar as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) xeradas polas súas actividades culturais e relacionadas coa docencia.
Este cálculo continuo permitiu identificar áreas chave de mellora e, a través dun enfoque integral na eficiencia enerxética, a xestión responsable de recursos e a promoción de hábitos sustentables, logrouse unha redución significativa da pegada de carbono do centro do 11,32% para o alcance 1+2 respecto de exercicios académicos anteriores.

Os selos de «Calculo» e «Reduzo» que obtivo a institución recoñecen non só a súa capacidade para medir con precisión o impacto ambiental das súas actividades, senón tamén o seu éxito ao implantar accións que resultaron efectivas para diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro.

A UNED de Lugo reafirma o seu compromiso co medio ambiente e continuará traballando na adopción de novas iniciativas para seguir reducindo a súa pegada de carbono. Este esforzo enmárcase na súa visión dun futuro máis sustentable, un aspecto chave na súa filosofía de traballo, no que a educación e a responsabilidade ambiental van da man.

Comparte éste artículo
No hay comentarios