Diego Calvo: «O fomento do deporte entre a poboación máis nova é necesario para “construír unha Galicia saudable, solidaria e con espírito de superación”

por Redacción Deportes

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na entrega de premios do Campionato galego de boxeo en idade escolar, onde destacou a importancia de fomentar o deporte entre a poboación máis nova para “construír unha Galicia saudable, solidaria e con espírito de superación”.

 />Organizado pola Federación Galega de Boxeo co apoio do Goberno galego, o evento contou coa participación de 150 deportistas de entre 5 e 16 anos dunha vintena de clubs de toda Galicia. Diego Calvo incidiu nos beneficios que representa a práctica deportiva para a rapazada, coa adquisición de valores básicos para o desenvolvemento persoal. Nesta liña, agradeceu o labor desenvolvido polas federacións e os clubs, así como a súa implicación en iniciativas impulsadas pola Xunta como o Plan Corresponsables ou o programa Xogade, destinados de xeito específico aos máis novos.</p><div id='gallery-1' class='gallery galleryid-28132 gallery-columns-2 gallery-size-full'><figure class='gallery-item'><div class='gallery-icon landscape'>
<a href='https://21noticias.com/2023/07/01/o-fomento-do-deporte-entre-a-poboacion-mais-nova-necesaria-construir-unha-galicia-saudable-solidaria-e-con-espirito-de-superacion/c4/'><img data-lazyloaded=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario