Sumar Galicia: “Queremos unha Galicia libre de touradas”

por Redacción Galicia

As candidatas ao Congreso de Sumar Galicia por Pontevedra e A Coruña, Verónica Martínez Barbero e Marta Lois, defenderon este martes unha Galicia “libre de touradas” e acabar “coa anomalía pontevedresa”

“En Galicia e única ‘feira taurina’ é a de Pontevedra, tamén a única praza fixa, en grande parte grazas ao apoio que indirecto do Concello”, dixo Martínez Barbero nunha declaración diante da praza de touros pontevedresa.

A candidata explicou que existe un “convenio de arrendamento” da praza de touros pola que o Concello paga unha cantidade anual. A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas cuantifica en 900.000 euros estas contraprestacións no periodo 1999-2022, que derivan ademais nunha infrautilización do inmoble.

“As touradas son un proceso de tortura, durante o cal o animal sufre, é acosado e é dañado moi gravemente ata facerlle perder a vida”, engadiu Martínez Barbero.

“En Sumar preocúpanos o benestar e a protección dos animais. Esta anomalía pontevedresa ten que rematar”.

Pola súa banda, Lois presentou 3 propostas para logralo: a derrogación da Lei 18/2013 de protección cultural e patrimonial da tauromaquia, a protección de menores limtando a súa participación en espectáculos crueis cos animais e a supresión da financiación pública dos espectáculos taurinos con morte do animal.

A cabeza de lista pola  provincia de A Coruña afirmou que “as touradas implican, maltrato, dor, e un exercicio gratuíto de tortura”, polo destacou a necesidade de “protexer os menores de espectáculos que traian consigo o maltrato animal”. Neste senso, lembrou que xa nos anos oitenta a “UNESCO, organización de Ciencia Cultura é Educación sostivo que as touradas son un exercicio banal de tortura de animais”.

Marta Lois atopou “indignante que exista financiamento público cos impostos de todas as galegas e galegos” para este tipo de espectáculos, e afirmou que “dende Sumar Galicia vamos a defender que Galicia sexa un lugar libre de touradas”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario