Obdulia Taboadela reivindica o escudo social do goberno de Pedro Sánchez, que “estivo sempre ao lado das persoas dependentes”

por Redacción A Coruña

A candidata socialista ao Congreso na provincia da Coruña mantivo unha reunión con diferentes asociacións vencelladas á dependencia e ás políticas sociais, xunto á tamén candidata Montse García Chavarría

O PSdeG-PSOE provincial mantivo na Coruña unha reunión con diferentes asociacións vencelladas ás políticas sociais, á dependencia e ás persoas con discapacidade.

Participaron nela as candidatas ao Congreso na provincia Obdulia Taboadela e Montse García Chavarría, e máis a concelleira socialista na cidade Yoya Neira. Taboadela sinalou que o obxectivo da xuntanza coas asociacións foi “manter unha escoita activa das súas demandas e propostas para a vindeira lexislatura”.

“Temos garantizado, a través dun escudo social potentísimo, o benestar de todos os colectivos que por unha ou outra razón precisan a axuda do Goberno, e temos estado sempre do lado das persoas dependentes, sobre todo nunha época tan dificil como foi a da pandemia”, destacou a candidata ao Congreso.

Obdulia Taboadela sinalou que isto se demostrou “a través da lexislación e sobretodo dos orzamentos, aumentando as partidas para a dependencia, a axuda a domicilio, as pensións, e tamén para todas as asociacións e colectivos que teñen que ver coa discapacidade, para que ninguén quede atrás”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario