O PP de Lugo pregunta ao goberno local os prazos que manexan “para dotar á protectora de animais dunhas instalacións axeitadas”

por Redacción Lugo

Mar Carballas solicita ao goberno de Lara Méndez compromisos concretos sobre a execución das obras para as futuras instalacións da protectora de animais

Tras coñecerse a perda de case 2M de euros de fondos europeos solicitados polo Concello de Lugo para as novas instalacións da Protectora de animais, a concelleira popular urxe unha solución real a Lara Méndez xa que “outro ano mais vemos como o proxecto do traslado da protectora quedou en papel mollado e nada se fará por dar aos animais unhas condicións de vida dignas”.

Recorda que en setembro de 2022 o responsable de Medio Ambiente, Miguel Fernández, explicou en comisión que “de non conseguir a axuda solicitada para as novas instalacións da protectora, a vontade do goberno local era facelo con fondos propios”.

Se, como indicou o goberno local, os anteproxectos están feitos, Mar Carballas espera que o inicio das obras se realice de forma inminente xa que a intención do Concello de Lugo “era comeza a executar as obras tan pronto se tivese unha resolución sobre os fondos solicitados”.

As actuais instalacións da protectora de animais e plantas de Lugo presentan un importante deterioro, ademais de estar desbordada en capacidade, o que fai cada vez máis difícil desenvolver a súa actividade e incrementa os custos de mantemento.

O traslado da protectora de animais debe ser unha prioridade xa que ademais de mellorar o coidado dos animais en estado de abandono fomenta a concienciación e sensibilización cidadá é realiza unha importante función na prevención da saúde pública. Por elo, os concelleiros populares, unha vez mais, tenden a man “para colaborar e axudar ao goberno local en todo o que sexa necesario, para que se traslade a protectora á nova sede o máis rápido posible e así mellorar as condicións de vida dos animais”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario